O Teucro enfróntase esta fin de semana ao seu terceiro partido en tan só sete días, nesta ocasión como visitante ante o Bidasoa Irún. O cadro pontevedrés chega á sétima xornada de liga despois dunha derrota, o pasado sábado, ante o Granollers (30-20) e, o máis importante, tras unha vitoria o pasado mércores contra o Nava, coa que se gañou o paso á terceira rolda da Copa do Rey (29-30).
O Irún, pola súa banda, aínda non encaixou ningunha derrota na casa no que vai de tempada, o que lle outorga o cuarto posto da táboa. Con todo, chega ao choque contra o Teucro tras perder no Gatañal ante o Cangas (20-19).
O adestrador dos pontevedreses, Luís Montes, asegura que "estamos preparando el partido de una forma un poco atípica, porque al haber jugado el miércoles y no haber vuelto a casa, tan sólo disponemos de dos sesiones de entrenamiento en pista de una hora cada una". Por iso, "nos hemos visto obligados a hacer bastantes cambios con respecto a las rutinas habituales de trabajo", puntualiza o mesmo.
Así mesmo, Montes, pese ao esforzo físico dos seus xogadores durante esta semana, declara que "creo que el equipo está bien y entrenar después de una victoria siempre es más llevadero y agradable para todos. Quizá suple las dificultades de hacerlo lejos de casa".
No referente ao choque, que se disputará este sábado día 20 ás 16:00 horas, o adestrador teucrista manifesta o seu optimismo para sacar algo positivo nunha pista complicada como é a de Irún".
"Tienen un lanzamiento exterior potentísimo y una portería inexpugnable con una media de goles bajísima", explica Montes. Fronte a ésto, o técnico está seguro de que as oportunidades de vitoria pasan por defender o potencial físico tan bo dos vascos, ter moito ritmo en ataque e "debemos ser capaces de abrir espacios en el 6-0 defensivo de Jacobo Cuétara", conclúe. Sobre o plantel, os homes de Montes estarán todos dispoñibles para tentar sumar dous puntos máis.
TORRELAVEGA, RIVAL NA COPA DO REI
Torrelavega, rival do Teucro na copa do Rey, en eliminatoria a dobre partido
O BM Torrelavega será o seguinte rival do Teucro na Copa do Rei. Tras eliminar con moitos apuros ao BM Nava, os de Luís Montes atopáronse cunha eliminatoria complicada, pero alcanzable, de novo fronte a un rival de categoría inferior, esta vez nunha eliminatoria a dobre partido.
A ida será o próximo 19 de decembro no Vicente Trueba, mentres que a volta disputarase no Municipal pontevedrés tres días máis tarde, segundo a orde que estableceu o sorteo, no que aínda non entran os equipos que disputan competicións europeas, estando no bombo os oito equipos que saíron airosos da segunda eliminatoria, no sorteo celebrado na mañá deste venres na sede da Federación Española de Balonmán.
O partido será especial para os irmáns Hernández, Dani e José Carlos Hernández. O extremo esquerdo do BM Torrelavega, máximo anotador da categoría de Prata, enfrontarase de novo ao seu irmán, Dani Hernández, circunstancia que non se daba desde a tempada 2014/15. Nesa campaña, o Teucro e Dani venceron en ambos os partidos. No Trueba gañaron por seis, 26-32, mentres que en Pontevedra fixérono por tres, 29-26.
ASEMBLEA DE SOCIOS
Doutra banda, foi convocada a Asemblea Ordinaria da Sociedade Deportiva Teucro, que terá lugar o próximo día 31 de outubro no Hotel Galicia Palace. O fin da reunión é a liquidación do orzamento da pasada tempada e a realización da análise da situación e da conta de perdas e ganancias, entre outros temas.
Só poderán acudir á cita, que terá lugar a partir das 20:00 horas, en primeira instancia, e ás 20:30 en segunda, os socios do club ao corrente de pago.