Co parón de liga na División de Honra Prata do balonmán nacional é tempo de reflexión tamén para os responsables da Sociedad Deportiva Teucro, que ultiman xa unha nova ofensiva da campaña "Es un 10", coa que esperan conseguir os 40.000 euros necesarios para rematar a tempada.
As presepectivas das primeiras semanas de traballo son, para o presidente azul Carlos García-Alén, moi positivas, "hemos entregado ya unas 2.100 entradas. El objetivo es poner en circulación 3.000 más, esperando que la mayoría vayan al Pabellón y aporten los 10 euros de la campaña".
Na segunda fase a directiva teucrista centrarase nas grandes empresas da zona e principalmente na rúa, instalando mesas informativas na cidade para intentar que a cidadanía se involucre en maior medida. Estas mesas terán presenza na tarde do venres 5 de abril e os días 11 e 12.
Ademais do obxectivo económico, imprescindible para a supervivencia do club, dende o Tecro búscase que todos aqueles que participasen na campaña acudan ao último encontro de liga na casa o día 20 de abril, ante o Ángel Ximénez, logrando un cheo absoluto no Municipal. Ese día colgarase no pavillón pontevedrés unha gran camiseta co nome de todos os colaboradores na iniciativa "Es un 10".