Segunda derrota consecutiva do Teucro no que vai do ano e ante a súa afección. Os de Luís Montes, que buscaban resarcirse do mal partido realizado a xornada anterior, regresaron ao Pavillón Municipal para ceder dous novos puntos, esta vez fronte o Málaga.
O Málaga comezou mandando no encontro enviando o seu primeiro lanzamento á rede de Edu Salazar, e acto seguido dar paso a catros minutos sen goles, nos que o Teucro tivo o empate nas súas mans cun lanzamento desde os 7 metros por parte de Marko Dzokic. Os visitantes volvían marcar para seguir mandando no marcador, pero a diferenza quedou reducida con dous goles de Iván Rodríguez que parecía que metían ao Teucro de novo no partido (2-3).
Con todo, os de Luís Montes mostráronse moi precipitados. Perdían o balón nos pases, e con iso, provocaban claros contragolpes que deixaban ao porteiro local só ante o perigo. O Málaga non desaproveitaba os seus ataques e lograba poñerse cun colchón de catro goles cando se cumprían os 12 minutos de partido (3-7), deixando ao Teucro cada vez máis contra as cordas aínda que con moito partido por disputar.
Chegábase á medianía do primeiro acto, e os locais recortaban a desvantaxe con dúas tantos de José Torres pero de novo os andaluces volvían afastar no marcador (6-10). O técnico teucrista pedía tempo morto para dar coa clave para meterse de novo na loita pola vitoria, pero xurdiu o efecto contrario. O Málaga seguiu dominando e cada vez con máis claridade. O parcial desfavorable aumentaba tras sucesivos erros locais, mentres vían como o seu rival facíase dono do partido e marchábase cun parcial de 8 goles ao chegar ao descanso (8-16).
Todo cambiou tras o paso polo vestiario. O Teucro espertaba e lograba un parcial de 4-1 que lle permitían reducir a desvantaxe e obrigaban ao técnico malagueño a pedir tempo morto e reordenar as ideas dos seus (12-17), pero os lanzamentos estrelábanse contra o muro Edu Salazar.
Chegaban os mellores momentos dos azuis, que espertaron para quedar a tan só 2 goles da igualada cando se chegaba ao ecuador da segunda metade (17-19). Foi o máis preto que estivo o Teucro do empate, xa que volveu descolgarse a falta de 5 minutos para a conclusión do encontro (22-27).
A diferenza xa era demasiada e só quedaba tempo para tentar maquillar o marcador final (23-27). Con este resultado, o Teucro suma a súa oitava derrota esta tempada e colócase noveno con 15 puntos.
Consulta as estatísticas do Teucro-Málaga na seguinte ligazón.