O Teucro leva o derbi contra o Bueu cun gol de Vinicius 'in extremis' (28-27)

Pontevedra
12 de febreiro 2023

Cun gol de Vinicius a falta de seis segundos para a conclusión, a Sociedad Deportiva Teucro sumou dous puntos moi importantes no derbi contra o Bueu, marcado principalmente pola intensidade e a polémica  

Partido entre Teucro e Bueu no Pavillón Municipal
Partido entre Teucro e Bueu no Pavillón Municipal / Dani Paredes / SD Teucro

Cun gol de Vinicius a falta de seis segundos para a conclusión, a Sociedad Deportiva Teucro sumou dous puntos moi importantes no derbi contra o Bueu, marcado principalmente pola intensidade e a polémica.

Mandou o conxunto local no marcador durante todo o partido a pesar das complicacións do inicio, perdendo a Marko Dzokic por un forte golpe e a Álex Sánchez porque se fixo dano nun dedo.

Pero aínda así, os de Irene Vilaboa, apoiados en Caue Herrera e Vinicius colocáronse con parcial de 12-6 cando quedaban pouco máis de oito minutos para chegar ao descanso. Reaccionou nese momento o Bueu con accións rápidas de contra golpe e un 0-4 co que reducían distancias, pero o Teucro, grazas ás paradas de Martín Fernández, soubo manter un pequeno colchón de tres tantos co que irse ao descanso (13-10).

Tras o paso polos vestiarios apareceron Xurxo Rivas como goleador para os azuis e Roque Arias para o Bueu, que aproveitou polas exclusións de Herrera Monteagudo para igualar o partido e obrigar a Irene Vilaboa a parar o cronómetro (22-22).

Os visitantes confiaban nunha posible remontada, pero ao Teucro non se lle podía escapar o triunfo despois de ir gañando comodamente practicamente en todo momento. Volveu Dzokic anotando dous goles e devolver unha pequena marxe ao seu equipo, pero o Bueu tampouco fallou, igualando o envite a 27 a minuto e medio de finalizar.

E aí o partido volveuse tolo. Sergio Blond enviou o balón ao poste e, na seguinte acción, Brais López precipitouse e errou o seu lanzamento para fortuna dun Teucro que non desperdiciou o último ataque. Vinicious anotou o 28-27 e deixou ao Bueu con tan só seis segundos para a reacción nos que lles deu tempo a lanzar desde os nove metros aínda que sen fortuna.

Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón