O Teucro gaña con autoridade o Porriño para colocarse terceiro (37-25)

Pontevedra
11 de febreiro 2024

A Sociedad Deportiva Teucro volveu a gañar con autoridade diante da súa afección para ascender á terceira praza da clasificación empatado a 32 puntos co OAR Coruña, segundo clasificado  

Partido entre Teucro e BM Porriño no Pavillón Municipal
Partido entre Teucro e BM Porriño no Pavillón Municipal

A Sociedad Deportiva Teucro volveu a gañar con autoridade diante da súa afección para ascender á terceira praza da clasificación empatado a 32 puntos co OAR Coruña, segundo clasificado.

O conxunto pontevedrés volveu ser o completo dominador do encontro e é que aos 10 minutos xa fixeran un parcial de 10-4 que complicaba as cousas a un Porriño incapaz de axustar a súa defensa.

O técnico local parou o cronómetro aos 13 minutos (11-5) para deter a hemorraxia e logrou conter o resultado, pero a exclusión de David Moreiras aproveitouna o Teucro para facerse coa maior vantaxe ata o momento (18-11). Dani Vicente non acertou desde as sete metros o que puido ser o 19-11, e Xosé Canedo, cun dobrete, recortou diferenzas (18-13).

Quedaban 5 minutos para o descanso e Irene Vilaboa parou o cronómetro, pero en lugar de atopar a maneira de facer máis dano tívose que conformar con manter esa vantaxe de cinco goles ao finalizar o primeiro tempo (21-16).

Tras o intermedio non tardou o equipo lerezano en abrir unha brecha maior. De feito, nos instantes iniciais do segundo tempo asinaron un parcial de 5-1 que obrigaba de novo ao técnico de Porriño a pedir tempo morto, pero no intento de reacción dos seus xogadores, Xurxo Rivas e Dani Vicente sentenciáronos por completo a falta de 20 minutos para a conclusión (29-18).

Xa nada podía facer o equipo visitante. As forzas forzas esgotáronse e o Teucro seguiu facendo das súas para sumar outro importante e avultado triunfo por 37-25.

Consulta as estatísticas nesta ligazón