Despois de semanas de procura, a Sociedad Deportiva Teucro xa ten ao segundo reforzo que buscaba co obxectivo de pelexar pola permanencia na Liga Asobal na segunda volta da competición que comeza a próxima fin de semana.
Trátase de Yano Piovarczik, lateral dereito brasileiro que chega a Pontevedra procedente do Villa de Aranda da División de Honra Prata e que se compromete cos azuis ata final de tempada.
"Es lo que buscábamos, un jugador completo que puede aportar en las dos partes del campos. Es un defensor contundente y un jugador con capacidad de lanzamiento exterior en ataque", sinala Luís Montes sobre a súa fichaxe.
Piovarczik, de 24 anos e 1,90 metros de altura, chegou a España en xaneiro de 2018 para defender as cores do Villa de Aranda, club co que tivo máis oportunidades o pasado curso.
"Viene con muchas ganas de demostrar, de tener una oportunidad en Asobal", completa Montes, que logra así unha nova peza para a primeira liña, debilitada polas saídas de Dani Hernández e Natan Suárez e tamén polas baixas por lesión dos últimos meses.
Antes de iniciar a súa aventura europea Yano Piovarczik militou en equipos brasileiros como Metodista Sao Bernardo, Sao Caetano Handebol, CEPE Santos ou Esporte Clube Pinheiros.