Primeiro partido do ano para a Sociedad Deportiva Teucro e primeira derrota. Aínda que os pupilos de Irene Vilaboa competiron durante o primeiro cuarto de hora chegando a poñerse cunha vantaxe de 4 tantos a favor, a muralla defensiva do Atlético Novás fixo que a eficacia en primeira liña se esfumara e terminaron caendo por un contundente 33-22.
Tomou a iniciativa o Atlético Novás ao comezar o encontro para anotar un primeiro parcial de 2-0 que foi igualado enseguida polo Teucro. O partido pasou a non ter un claro dominador, onde cada a igualdade que se vía na cancha estaba reflectida un marcador que mostraba o 5-5.
A partir do minunto 10 o partido volveuse tolo. O dominio cambiou de bando e pasou a mans dun Teucro que endosou un parcial de 1-5 (6-10), con todo, varios erros en ataque do equipo de Irene Vilaboa provocaron a reacción do Novás.
A eficiencia para gol que tivera ata o momento o Teucro pasou a ser nula. Só Miguel Roberto e Diego Martínez, ambos cun gol, foron capaces de atravesar a barreira defensiva que formara un Novás que materializaba todo o que tiña. Desta forma, os locais marcáronse un parcial de 12-2 para chegar ao descanso cun resultado moi a favor de 18-12.
Moito tiñan que cambiar as cousas se o Teucro quería volver a casa con algo positivo e, tras o paso polos vestiarios, Irene Vilaboa pareceu dar coa tecla para volver meter aos seus no partido e recortar a diferenza ata poñerse a dous goles do rival (minuto 8, 20-18).
Nese momento, o técnico local viuse obrigado a parar o cronómetro e cortar a choiva de goles dun Teucro que se atopaba cómodo na pista. Outra vez, o bo xogo teucrista foi un visto e non visto. Pau Ferre cortou o refacho do equipo de azul, que empezou a cometer erros nos pases en primeira liña permitindo os contragolpes dun Novás que volvía ser dono do partido (min. 16, 25-20).
A defensa do equipo do Rosal volveu converterse nun muro que o Teucro non era capaz de atravesar. Os locais marcáronse un parcial de 7-0, refacho que Cristian Remeseiro foi capaz de parar co partido xa sentenciado (min. 25, 32-21).
Nos minutos finais os goles chegaron desde os sete metros. Víctor Deco anotou o primeiro para o Teucro e Andrés Vila para o Novás.