Achégase o día e o Team Thunder apura os preparativos para a xornada de boxeo que acollerá o próximo día 16 de marzo.
O pavillón marinense da Cañota será escenario por segundo ano a Copa Galicia de Boxeo, un evento que comezará ás 20:30 horas e enfrontará á selección galega contra a selección catalá.
Serán un total de 5 os combates que compoñan a Copa Galicia, pero a velada contará con 10 enfrontamentos programadas para ao redor de 2 horas de duración.
Segundo confirmou a organización, por Galicia competirán Kike García, Álex Barros, Goyo Rubio, Berto Loureiro e o local Aarón González, campión nacional que volverá boxear ante o seu público.
As entradas para asistir ao evento teñen un custo de 10 euros en venda anticipada e de 12 euros en despacho de billetes.