O Team Farto aposta polo calendario nacional co seu equipo feminino tras quedar sen licenza UCI Continental

Pontevedra
30 de novembro 2023

O equipo pontevedrés manterá o seu programa feminino a próxima tempada cun equipo que aspira a cubrir entre trinta e corenta días de competición a nivel nacional con probas puntuais en Francia e Portugal

Proba da Copa España de ciclismo feminino disputada en Pontevedra
Proba da Copa España de ciclismo feminino disputada en Pontevedra /

O Club Ciclista Fartoviuse obrigado a reformular o seu proxecto de ciclismo feminino elite tras perder a licenza UCI Continental polo endurecemento das esixencias económicas.

A estrutura pontevedresa seguirá apostando por manter a próxima tempada o seu programa feminino cun equipo que aspira a cubrir entre trinta e corenta días de competición a nivel nacional e con probas puntuais en Francia e Portugal.

Será un Team Farto-BTC diferente, de categoría elite e sub-23 feminina que pretende continuar a nivel nacional co traballo realizado como equipo UCI desde 2021.

Dentro da súa reorganización o primeiro foi a confirmación de nove renovacións tanto de ciclistas que formaron parte o curso pasado do primeiro equipo como do filial. Trátase de Ariadna Gutiérrez, Martina Moreno, Pilar Jiménez, Laura Mira, Elena Cuenca, Sonia Domínguez, Carmen Mallo, Sabela Rey e Mirian Trigo.

O obxectivo, aseguran desde o Frato, será "ser un equipo combativo nas carreiras UCI e afrontar a Copa de España como obxectivo principal en lugar de acudir como probas de preparación".