O taekwondo pontevedrés ensinou músculo en pleno centro da cidade, cunha exhibición incluída no programa das Festas da Peregrina.
Máis dun cento de deportistas de todas as idades mostraron todo o seu repertorio en plena Praza da Peregrina ante a mirada dunha boa multitude, na que se mesturaban familiares e amigos con turistas e persoas atraídas pola vistosidade das manobras dos taekwondistas.
Polo tapiz instalado na praza foron desfilando durante algo menos de dúas horas as diferentes categorías.
O obxectivo, ademais de contribuír coa programación festiva da Semana Grande, era atraer futuros deportistas a unha práctica que segue gañando adeptos.