O Supermercados Froiz ficha a sete novos corredores para a nova tempada

Pontevedra
08 de xaneiro 2021

Roberto Mediero, gañador de etapas na Volta a Coruña e Zamora, é a contratación máis destacada das catro contratacións de categoría elite, que se complementan con tres novas incorporacións de categoría sub 23

Manuel Rodríguez, corredor sub 23 do G. D. Supermercados Froiz (Arquivo)
Manuel Rodríguez, corredor sub 23 do G. D. Supermercados Froiz (Arquivo)

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz xa ten perfilado o seu plantel para a próxima tempada. A escuadra alimenticia pecha a contratación de sete corredores, catro deles de categoría elite e tres novos promesas que dan o salto de xuvenil a sub 23. Un ano máis a Copa de España e as voltas por etapas serán o principal obxectivo do equipo pontevedrés.

Unha das fichaxes máis destacadas é o de Roberto Mediero. Procedente do Louriña, o corredor gañou unha etapa na Volta a Coruña no 2019, foi quinto na xeral da Volta a Zamora do 2020.

Desde o Gomur incorpórase ao Froiz Pablo Alonso. O seu papel na Copa de España ademais do seu cartel de campión cántabro de contrarreloxo captou o interese do club que dirixe Evaristo Portela. Víctor Etxeberría, campión navarro; e Javier Chacón; completan o elenco de categoría elite.

Como sub 23 incorpóranse Manuel Rodriguez proveniente do Bathco, Diego Cano, do Electro Hiper Europa; e Daniel Jimenez, do Bicicletas Salchi. "Tres corredores que dan o salto de categoría xuvenil a sub23 que contan con boa proxección de fronte ao futuro", explican desde o Súper Froiz.