O Supermercados Froiz de Ciclocrós, a por unha tempada "con moitas posibilidades" de éxito

Pontevedra
06 de outubro 2023

Con motivo da celebración da Copa de España de Ciclocrós que se disputará durante esta fin de semana en Pontevedra, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz aproveitou para realizar a súa habitual presentación dos ciclistas que formarán parte do equipo desta especialidade para a nova tempada  

Presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz de Ciclocross para a tempada 23/24
Presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz de Ciclocross para a tempada 23/24 / Mónica Patxot

Con motivo da celebración da Copa de España de Ciclocrós que se disputará durante esta fin de semana en Pontevedra, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz aproveitou para realizar a súa habitual presentación dos ciclistas que formarán parte do equipo desta especialidade para a nova tempada.

Por terceira ocasión, o acto realizouse na zona da Illa das Esculturas, lugar desde onde partirá este sábado o Gran Premio Cidade de Pontevedra, segunda proba puntuable da tempada na Copa de España de Ciclocrós e evento de categoría internacional C1.

Para esta ocasión, o Supermercados Froiz contará con practicamente o mesmo equipo da pasada tempada fóra de Chus Barros, última incorporación para correr en categoría elite feminina.

Desta forma, o grupo formarano Aroa Otero, que entra no seu último ano júnior "con moitas posibilidades" para a Copa de España; Miguel Rodríguez, que se despedirá esta tempada da categoría sub-23 á que chega "con moitas miras" de cara ao Campionato de España e "levarse a Copa outra vez"; Uxía Otero, que disputará o seu primeiro ano sub-23; e Gonzalo Inguanzo na súa primeira tempada elite.

Ana Portela ten moitas esperanzas postas nos seus ciclistas para lograr os grandes obxectivos desta tempada, que son como cada ano a Copa e o Campionato de España, que sexan seleccionados para o Campionato de Europa, e correr algunhas copas do mundo para que sexan seleccionados para competir no Mundial.