O Supermercados Froiz afronta un das fins de semana máis esixentes da tempada

Pontevedra
06 de abril 2022

Os corredores de categoría sub 23 competirán ata o domingo na Volta a Portugal do Futuro, mentres que os sénior tratarán de lucirse no Memorial Valenciaga, un escaparate da Copa de España marcado en vermello para os ciclistas que aspiran a dar o salto a profesionais

Equipo sub 23 do Supermercados Froiz que participará na Volta a Portugal do Futuro
Equipo sub 23 do Supermercados Froiz que participará na Volta a Portugal do Futuro / G. D. Supermercados Froiz

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz cruza a fronteira do Miño para participar a partir deste xoves nunha das carreiras máis esixentes e competitivas do país veciño: a Volta a Portugal do Futuro. 

Xunto aos corredores máis prometedores do país luso estarán os mellores sub 23 da escuadra alimenticia. A lista de Evaristo Portela compóñena: Ruben Fandiño, Raul Casalderrey, Fabian Rodriguez, Santiago Cadavid, Neo Martinez e Miguel Rodriguez.

Ata o domingo 10, o equipo pontevedrés ten por diante catro duras etapas na que os portos de montaña e as lastras marcarán o devir da carreira.

Doutra banda, outra selección de corredores desprazaranse esta fin de semana ao País Vasco para participar nunha das probas da Copa de España máis emblemáticas: o Memorial Valenciaga. Un atractivo escaparate para os ciclistas que optan a dar o paso a profesionais. Dous duros portos de montaña de primeira categoría nos últimos 40 quilómetros marcarán a diferenza.

A convocatoria fórmana Carmelo Urbano, Diego Lazaro, Alejandro Gomiz, Gonzalo Inguanzo, Javier Lopez, Pedro Monroy e Manuel Rodriguez serán os encargados de defender a camisola de Froiz nesta gran proba.

Outro equipo do Supermercados Froiz desprazarase o sábado a Betanzos para participar nunha nova proba dela Copa Galicia de cros country feminino.