Fin á serie triunfal do Arosa. Os de Rafa Sáez caeron este domingo na súa visita ao Silva despois de oito xornadas consecutivas sen coñecer a derrota que situaron ao equipo arousán nos postos de playoff, nos que seguirán a pesar dun tropezo que non frea as aspiracións dos vilagarciáns.
O conxunto visitante tivo a vitoria na súa man despois de adiantarse no marcador no minuto cinco da primeira parte, pero a reacción dos coruñeses no segundo tempo deu ao traste coa esperanza dos arousáns.
Tras o paso por vestiarios, cando se cumpría a hora de partido, Marcos Gómez estableceu a igualada no marcador. E a falta dun cuarto de hora para o asubío final, Fiuza anotou o segundo e definitivo tanto que puxo punto e final á boa marcha dos arousáns.
Consulta nesta ligazón a ficha do partido