O senegalés Libasse Guèye, nova fichaxe do Pontevedra

Pontevedra
19 de agosto 2022

O futbolista, de 19 anos e internacional coas categorías inferiores do seu país, adestrou este venres cos seus novos compañeiros. É a cuarta incorporación estival e firma por unha tempada con opción a outra máis

Libasse Guèye, adestrando co Pontevedra no campo da Seca
Libasse Guèye, adestrando co Pontevedra no campo da Seca / PontevedraViva

Novo mozo na oficina no Pontevedra Club de Fútbol, que este venres anunciou a contratación de Libasse Guèye.

Trátase dun futbolista senegalés de 19 anos, que afai desenvolverse no extremo esquerdo e que ocupará unha das fichas sub-23 dispoñibles.

O club granate anunciou a incorporación, a súa cuarta fichaxe do mercado estival, mentres Libasse Guèye se exercitaba no campo da Seca xunto ao resto dos seus novos compañeiros, e só uns minutos antes de concluír a sesión.

Libasse é internacional sub-20 con Senegal e procede do Diambars FC, aínda que a pasada campaña pertenceu ao equipo xuvenil do Valencia CF.

Asina co Pontevedra por unha tempada con opción a outra máis.