O Salgueiriños estrea equipos femininos para a nova tempada

Pontevedra
25 de agosto 2023

A creación destes dous equipos, que competirán en categorías promesa e cadetes, supón un crecemento no fútbol feminino pontevedrés, xa que a cidade non conta con ningún equipo feminino

Presentación dos equipos femininos do Salgueiriños
Presentación dos equipos femininos do Salgueiriños / Mónica Patxot

O Salgueiriños Club de Fútbol comezará a nova tempada 2023-2024 con dous equipos femininos.

Este xoves, nas instalacións da Federacion Galega de fútbol de Pontevedra, celebrouse a primeira xuntanza coas familias antes de comenzar a competición despois de "varios meses traballando para que as nenas de Pontevedra que queren practicar esta modalidade deportiva, poidan contar con un equipo femenino na cidade".

Desde o propio club explicaron que, tras abrir o período de captación no mes de abril, xa contan nas súas filas con preto de 30 xogadoras que queren formar parte da base e que serán a primeira promoción femenina.

A creación destes dous equipos, que competirán en categorías promesa e cadetes, supón un crecemento no fútbol feminino pontevedrés, xa que a cidade non conta con ningún equipo feminino. Ata o momento, as nenas que querían formarse en equipos femininos tiñan que desplazarse a Ribadumia, Marín ou Sanxenxo, pero agora terán a oportunidade de facelo na Boa Vila.

Dende o Salgueiriños admitiron estar "moi contentos pola magnífica acollida desta iniciativa, conscientes da demanda existente en Pontevedra". Desta maneira o club conta con máis de 340 nenos e nenas contando os dous equipos femeninos.

Todavía quedan algunhas prazas que esperan cubrir nos próximos 15 días, polo que as persoas interesadas poden enviar un correo al club (salguecf1962@gmail.com) o poñerse en contacto con Manu, o coordinador, a través do teléfono 606 56 86 41.