Necesitaba gañar o Ribadumia na casa do último Bertamiráns e non só non o conseguiu senón que deixou escapar de forma inesperada unha vantaxe de dous goles que conseguira antes de que se cumprise o minuto 25 de partido.
Os de Gabi Leis afrontaban o choque quizais como a súa última oportunidade de manter opcións de acceder a unha cuarta praza que parece non ter dono. Facíano coas sensibles baixas de Pacheco, e sobre todo de ÿscar Guimeráns. Por se fose pouco encontráronse un terreo de xogo complicado, de reducidas dimensións e en mal estado como consecuencia da chuvia caída, o que dificultaba mover a pelota con soltura.
Malia todo, o Ribadumia foi capaz de poñerse por diante cun gol de Álex Gómez, ampliando distancias Changui, ao transformar un penalti. O partido parecía resolto, pero os visitantes confiáronse, na mesma medida que o Bertamiráns tirou de orgullo para polo menos dar unha mínima alegría á súa afección, que tivo poucas esta tempada.
Conseguírono cando o partido agonizaba. Primeiro foi Coria quen reduciu diferenzas, antes do descanso e logo Juanca a falta de tres minutos empataba apartando, pode que definitivamente, aos aurinegros da loita pola última praza dispoñible de play-off, unha praza que o Ribadumia se deixou precisamente nos seus choques contra equipos da zona baixa da táboa.
BERTAMIRÁNS FC (2): Jose; Puyi, Ander, Fer, Jonathan, Alvite, Boo (Juanca, min. 67), Jaime, Coria, Enjamio e Brais (Seoane, min. 74).
CD RIBADUMIA (2): Javi Sánchez; Adrián Padrón, ÿscar Río, Miguel, Aram, Portas (Martín Barreiro, min. 76), Sidibé (Bisti, min. 26), Álex Gómez, Sylla, Changui e David Pérez (Fran Matos, min. 46).
Árbitro: Alejandro Vázquez García (A Coruña), auxiliado nas bandas por Diego Sánchez Rojo e Pablo Miguel Patricio Blanco. Non mostrou tarxetas.
Goles: (0-1) Minuto 17: Alex Gómez. (0-2) Minuto 24: Changui, de penalti. (1-2) Minuto 31: Coria. (2-2) Minuto 87: Juanca.
Incidencias: Campo Municipal de Bertamiráns (Ames). Uns 150 espectadores.