O Rallymix de Portas, preparado para a súa cuarta edición

Umia
27 de agosto 2024

O Campionato Galego de RallyMix, proba automobilística con trazados mixtos de terra e asfalto, fai parada en Portas o sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro coa quinta cita puntuable do calendario

Presentación do IV RallyMix de Portas
Presentación do IV RallyMix de Portas / Deputación de Pontevedra

A cuarta edición do RallyMix de Portas quenta motores para a súa cuarta edición, que se celebrará o sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro.

Antes diso celebrouse a súa presentación oficial, como quinta cita puntuable do Campionato Galego de RallyMix, competición automobilística con trazado mixto de terra e asfalto.

O certame autonómico empeza a encarar a súa recta final, con só tres carreiras por disputarse, e faino cun claro dominador ata o momento, Alfonso Ventín, gañador dos catro RallyMix anteriores.

A competición contará con tres pasadas cronometradas o sábado 31 a partir das 12.30 horas, completándose con dúas mangas oficiais máis o domingo desde as 9.00 horas.

A presentación do IV RallyMix de Portas contou coa presenza, entre outros, do alcalde Ricardo Martínez e do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, quen destacou o "arraigo que o deporte do motor ten nesta provincia".