O Rally de Pontevedra reunirá a 130 participantes na fin de semana de San Xoán

Cerdedo-Cotobade
08 de xuño 2022

La prueba deportiva que se celebrará los días 24, 25 y 26 de junio se incluye en el calendario de Campeonato de Rallyes de Galicia y está dividida en tramos que cruzarán los municipios de Sanxenxo, Meaño, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro y Moraña  

Presentación no Real Club Náutico de Sanxenxo do IV Rally de Pontevedra
Presentación no Real Club Náutico de Sanxenxo do IV Rally de Pontevedra /

A cuarta edición do Rally de Pontevedra, que se disputará os días 24, 25 e 26 de xuño, presentouse este mércores no Real Club Náutico de Sanxenxo nun acto que contou coa presenza de representantes da escuadra organizadora, Congostra Team coa súa presidenta Diana Rivas; o concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Daniel Arosa; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o deputado de Deportes, Gorka Gómez; e o secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete Lasa. 

A organización prevé que a cita deportiva alcance os 130 participantes que atraerán a miles de espectadores aos distintos tramos da proba que percorrerá Sanxenxo, Meaño, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña.

O punto de saída do 24 de xuño será desde a rúa Rafael Picó, a partir das 19 horas. Desde alí sairán cara ao parque empresarial de Nantes onde terá lugar unha exhibición, concluíndo a xornada no parque de traballo que se situará no campo de fútbol de Baltar.

O sábado 25, os participantes volverán saír de Baltar para percorrer Meaño, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña. Ao final da xornada os vehículos sumarán máis de 118 quilómetros cronometrados, que converten a este rally na etapa con máis quilómetros percorridos ata a data. A xornada concluirá cun parque pechado en Rafael Picó a partir das 20.30 horas.

A entrega de trofeos realizarase un ano máis no Real Club Náutico de Sanxenxo, onde estará instalada a oficina central da proba durante toda a fin de semana.