O Pontevedra xuvenil non pasa do empate ante o Oviedo

Pontevedra
30 de setembro 2012

Os xuvenís granates seguen sen saborear o triunfo no arranque ligueiro da División de Honra de fútbol xuvenil e asinan o seu terceiro empate na Xunqueira

O Pontevedra xuvenil salta ao campo con camisetas de apoio a dous compañeiros lesionados
O Pontevedra xuvenil salta ao campo con camisetas de apoio a dous compañeiros lesionados /

Resísteselle a primeira vitoria da tempada ao Pontevedra xuvenil. Fronte ao Real Oviedo tivérona na man. Dominaron o partido e o marcador ata os últimos compases, pero viron como do posible 2-0 que tivo nas súas botas Soliño, pasouse á igualada dos asturianos, cando apenas quedaban tres minutos para a finalización do partido.

Os granates suman tres empates noutros tantos partidos na Xunqueira, caendo ata o penúltimo posto da táboa e sendo xunto co colista Santiago de Compostela o único equipo que non coñece o triunfo.

A primeira parte foi dominada polo Pontevedra, pero na segunda niveláronse as forzas, malia que as ocasións de gol foron case inexistentes ata eses últimos minutos que decidiron o partido.

 

PONTEVEDRA: Lucas; Dani, Gabi, Yago, Javi, Anxo (Yoni, min. 73), Emilio, Jaime, Pibe, Nico (Soliño, min. 80) e Kike (Adrián, min.65).

REAL OVIEDO: Adán, Sinchi, Álex, Anxo, Pelayo (Pena, min. 23), Bryan, Juan (Johan, min. 46), Ernesto, Jordi (Cristián, min. 63), Jairo e David.

Árbitro: Arturo Díaz (Pontevedra). Amonestó a Ernesto.

Goles: 1-0. Minuto 42. Anxo. 1-1. Minuto 87. Pena.

Incidencias: A Xunqueira II. Pouco máis de cen espectadores. Quinta xornada do grupo I da División de Honra de xuvenís.