O Pontevedra xa ten lateral esquerdo: Eneko Zabaleta

Pontevedra
29 de xaneiro 2020

O defensor chegará este xoves a Pontevedra para integrarse na rutina do equipo e ser presentado despois de desvincularse do CD Tudelano. Mikel  Saizar, ex-xogador do Pontevedra e compañeiro do recentemente fichado en Burgos, asegura que achegará moito en ataque e que encaixará no vestiario

Enezo Zabaleta, de branco á esquerda da imaxe, durante un partido co CD Tudelano
Enezo Zabaleta, de branco á esquerda da imaxe, durante un partido co CD Tudelano / CD Tudelano

Houbo que esperar aos últimos días do mercado, pero o Pontevedra xa ten un lateral esquerdo. Despois de desvincularse do CD Tudelano, Eneko Zabaleta asina co equipo de Pasarón e poñerase ás ordes de Carlos Pouso este xoves para ser presentado a continuación como novo xogador do conxunto de Pasarón.

Eneko Zabaleta, de 28 anos, ten unha dilatada experiencia na categoría de bronce do fútbol español. A pesar de ser un xogador importante para o conxunto navarro, co que disputou 18 partidos este curso, os problemas que atravesa o club, último clasificado en grupo II, propiciaron a saída do defensor.

Antes de fichar polo Tudelano, Zabaleta vestiu a camiseta do CD Badaxoz, co que disputou a fase de ascenso a Segunda División, a campaña anterior. No curso 2017-2018 defendeu as cores do Burgos, escuadra na que coincidiu cos exgranates Mikel Saizar, Adrián Cruz e Abel Suárez. E os seus primeiros pasos na Segunda B deunos no Arenas de Getxo.

Foi o exguardameta granate Mikel Saizar o que deu o último empuxón para animalo a aceptar a oferta do Pontevedra. "Chamoume para preguntarme un pouco polo club e a cidade e, como lle dixen a Eizmendi e Arruabarrena, é o mellor sitio no que estiven", afirma o guipuscoano. Sobre o estilo de xogo do recentemente fichado sostén que "é tímido e traballador, é bo lateral, de subir a banda e moito percorrido, defensivamente non é o seu forte pero en Burgos estivo moi ben".

A súa personalidade tamén encaixará coa das súas nuevosa compañeiros. "Para o vestiario é moi bo tío, moi boa fichaxe", augura Saizar, aínda que advirte que "Pontevedra e Pasarón ten a súa presión e se asimila iso ben dará moito ao equipo".

A chegada dun xogador específico para o flanco esquerdo da defensa do Pontevedra era unha necesidade, debido a que é a zona na que máis sofre o equipo e a que atacan os rivais de forma sistemática. A saída de David Castro cara ao Valencia deixou orfa esta demarcación. Chegou Naveira, pero nin Luismi nin Pouso o ven co nivel suficiente para ser o lateral esquerdo titular do equipo. 

Durante todo o curso os adestradores improvisaron con Álex González, Campillo ou Pol Bueso, pero só o extremo cántabro, un dos principais activos granates en ataque, puido achegar certa estabilidade nesa posición á conta de sacrificar as súas aparicións en labores ofensivos.

Coas chegadas de José García, Rufo e Eneko Zabaleta, unidas ás saídas de Mejía, Bustos e a baixa de longa duración do Javi López, o plantel dispón aínda de aínda dunha ficha sénior dispoñiblee, se finalmente prodúcese a baixa de Rivera ou Javi Pazos, desbloquearíase unha praza máis para un sub 23 ou un sénior en función do elixido para abandonar a casa granate. La dirección deportiva sigue rastreando el emrcado en busca de un extremo y un mediocentro.