A Real Federación Española de Fútbol fixo públicos este mércores os horarios dos partidos correspondentes ás xornadas 3 e 4 dos dous grupos que compoñen a Primeira Federación. O Pontevedra disputará ambas as xornadas, como local contra o DUX Internacional (á espera de que se resolva o futuro do equipo madrileño) e como visitante contra o Deportivo, os domingos 11 e 18 de setembro ás 19 horas.
Ademais, ambos os encontros serán retransmitidos en aberto pola Televisión de Galicia.
A xornada terceira do grupo I desta categoría se diputará os días 10 e 11 de setembro. O sábado xogaranse catro partidos: RM Castela - Unionistas (19.30h), Linense - Alcorcón (19.30h), Mérida - Deportivo (21.30h) e Alxeciras - Cultural Leonesa (21.30h).
Para o domingo quedan os seis partidos restantes: Fuenlabrada - Ceuta (12h), Celta B - Córdoba (17h TVG), Pontevedra - DUX Internacional (19h TVG), San Fernando - Rácing Ferrol (19.30h), Majadahonda - Badaxoz (19.30h) e Linares - Sanse (19.30h)
A cuarta xornada está prevista para a fin de semana do 17 e 18 de setembro con catro partidos o sábado: Badaxoz - Alxeciras (19.30h), Rácing Ferrol - Cultural Leonesa (20h TVG), Córdoba - Majadahonda (21.30h) e Sanse - RM Castela (21.30h).
Ás 12 horas do domingo disputaranse o DUX - Linares, Linense - Mérida e Ceuta - Celta B. Mentres que para a tarde quedarán o Deportivo - Pontevedra (19h TVG), Alcorcón - San Fernando (19.30h) e Unionistas - Fuenlabrada (19.30h).
OFICIAL | Horarios de la 3ª y 4ª jornada en los dos grupos de #PrimeraFederación.
— Primera Federación (@Primera_RFEF) August 31, 2022
https://t.co/s5u8Zbq8etpic.twitter.com/RtJwRtWEVb
Ademais dos dous encontros emitidos pola Televisión de Galicia en cada xornada, o resto de encontros poderán seguirse en directo pola plataforma InStat TV, aínda que a partir da terceira xornada os abonados terán que pagar xa a súa cota xa que só ofrécense de forma gratuíta os partidos das xornadas 1 e 2.
APRAZADO O PARTIDO DO DUX INTERNACIONAL
Do mesmo xeito que ocorrera na primeira xornada, o xuíz único de competición emitiu este mércores unha resolución a través da que confirma a suspensión do partido que tería que enfrontar este domingo ao DUX Internacional de Madrid e o Mérida. A razón deste aprazamento é que o equipo madrileño atópase inmerso nun proceso de desinscripción da categoría porque é incapaz de inscribir xogadores dacordo con as normas da competición.
Así mesmo, a intención da RFEF é cubrir a eventual vacante que poida deixar o cadro madrileño con algún dos catro equipos que descenderon o pasado curso. É por iso que o xuíz determinou tamén a suspensión dos partidos que estes equipos terían que disputar esta fin de semana en Segunda Federación. "Os catro clubs manifestaron a súa vontade de inscribirse en Primeira Federación no caso de que se xerase vacante", puntualiza o xuíz no seu escrito.
Estes catro equipos son, por orde de preferencia por méritos deportivos, o Talavera, o Zamora, o Valladolid B e o Tudelano.