Os afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol terán esta semana a segunda e última oportunidade de ver ao seu equipo en Pasarón antes de que se inicie oficialmente a liga.
O equipo granate recibirá o vindeiro sábado 17 de agosto o CD Lugo, equipo da Primeira RFEF, no Estadio Municipal de Pasarón ás 19.30 horas da tarde.
Unha cita para a que o club confirmou xa o prezo das entradas, con acceso de balde para os abonados.
En canto ao público xeral se queren presenciar o Trofeo Luis Otero deberán pagar 15 euros en Tribuna e 10 euros en Preferencia e fondos, 10 e 5 euros respectivamente para os menores de entre 7 e 17 anos.
As localidades poden durante a semana retirarse nas oficinas do estadio ou en liña, mentres que os despachos de billetes de Pasarón abrirán o propio sábado unha hora antes do encontro.
Antes desta cita, que será a quinta da pretemporada do Pontevedra, o equipo granate aínda afrontará outro amigable, este martes 13 de agosto fronte ao Estradense no Novo Municipal da Estrada (21.00 horas).