O Pontevedra planifica unha pretempada de seis semanas con ata oito partidos amigables

Pontevedra
26 de xuño 2022

A intención da entidade granate é que os adestramentos do primeiro plantel comecen "o 15 ou o 18 de xullo", confirmou o director deportivo, Toni Otero, xusto dous meses despois do final da competición. A primeira xornada de liga disputarase o 28 de agosto

Adestramento do Pontevedra CF a portas abertas en Pasarón antes do partido fronte ao Salamanca
Adestramento do Pontevedra CF a portas abertas en Pasarón antes do partido fronte ao Salamanca / Cristina Saiz

Máis aló do traballo nos despachos para a confección do plantel, e para pechar a chegada dun novo adestrador, o Pontevedra Club de Fútbol avanza noutros aspectos organizativos, como a configuración da próxima tempada.

Neste sentido os plans da entidade granate é que o seu primeiro equipo complete unha preparación de seis semanas antes da primeira xornada de liga na Primeira RFEF, fixada para o día 28 de agosto. 

É por iso que "o 15 ou o 18 de xullo empezaremos a pretempada", confirmou o director deportivo, Toni Otero.

Serán por tanto cinco semanas de preparación intensa máis unha última xa encarada á estrea competitiva.

Nese período a intención do departamento deportivo é fixar ata oito encontros amigables.

Un deles xa se deu a coñecer por parte do club rival, o Club Deportivo Lugo, que visitará o Estadio Municipal de Pasarón o día 27 de xullo (19.00 horas).