O Pontevedra pecha a venda anticipada de entradas nas súas oficinas con máis 80% do aforo ocupado

Pontevedra
31 de maio 2024

A venda en liña, avisa a entidade granate, permanecerá activa ata as 11.00 horas do domingo. Se quedasen localidades dispoñibles poñeríanse ao dispor dos afeccionados no despacho de billetes de Pasarón desde dúas horas antes do partido

Bancada de Preferencia no partido de liga entre Pontevedra e Ourense CF en Pasarón
Bancada de Preferencia no partido de liga entre Pontevedra e Ourense CF en Pasarón / Cristina Saiz

Xa é unha realidade. O Estadio Municipal de Pasarón vivirá o vindeiro domingo 2 de xuño (18.00 horas) a mellor entrada da tempada no decisivo partido polo ascenso fronte ao Betis Deportivo.

O Pontevedra Club de Fútbol pechou este venres a venda anticipada presencial de entradas para o partido, e fíxoo xa co 80% do aforo do estadio ocupado, entre localidades vendidas e as reservadas para os abonados.

Segundo confirmou a entidade granate quedan menos de 2.000 localidades dispoñibles, con moitos sectores do estadio xa sen billetes. Así sucede en todo o Fondo Norte pero tamén nos sectores centrais de Preferencia e Fondo Sur.

Pechada a opción de comprar unha entrada anticipada de maneira presencial, a venda en liña permanecerá activa, avisa o Pontevedra, ata as 11.00 horas do domingo.

Desde ese momento, de quedar localidades aínda dispoñibles, poderíanse á venda no despacho de billetes de Pasarón a partir das 16.00 horas, dúas horas antes do encontro.