Marcos Barbeiro estará entre 10 e 12 semanas de baixa tras a operación cirúrxica á que foi sometido este martes no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Así o estiman os servizos médicos do club granate no parte oficial elaborado tras a intervención "aínda que dada a amplitude da lesión meniscal e a resposta ao tratamento rehabilitador, podería facer oscilar está previsión", matizan.
Esta previsión fai moi complicado poder ver a Barbeiro competir antes de final de ano.
Segundo sinala o parte médico, ademais da rotura do menisco interno do seu xeonllo dereito que motivou a realización dunha artroscopia, o atacante sufría un escordadura grao II do ligamento lateral interno da articulación, o que alongará a convalecencia.
Marcos Barbeiro lesionouse o xeonllo nun mal apoio durante o adestramento previo á partida fronte o Langreo en Pasarón, o sábado 16 de setembro.