O Pontevedra CF recibe a Uzochukwu Ogumka

Pontevedra
13 de xullo 2019

O delanteiro centro nixeriano chega para quedarse dúas tempadas no equipo pontevedrés despois de xogar durante un ano no Adarve de Madrid

Partido entre Unión Adarve e Pontevedra
Partido entre Unión Adarve e Pontevedra / Unión Adarve

A plantilla para a próxima tempada do Pontevedra CF continúa tomando forma. A última novidade correspóndese coa incorporación de Uzochukwu Ogumka, dianteiro centro de 23 anos.

O xogador nixeriano chega ao club pontevedrés despois dun ano nas filas do Adarve de Madrid, equipo do que formou parte ao ser cedido polo Conquense. Durante esta última tempada, Ogumka marcou 6 goles e xogou un total de 1.147 minutos.

A escuadra granate decidiu apostar por Uzochukwu para os dous próximos cursos, comezando a pretemporada do primeiro deles o próximo lunes día 15.

O dianteiro centro únese, así, a Bueso, N' Diaye, Churre, Javi López, Berrocal, Campillo, Álex González, Álex Fernández, Nacho López, Pedro Vázquez, Edu Sousa, Romay, Javi Pazos, David Castro e Adrián Mouriño.