O Pontevedra-Cádiz de Copa do Rei xa ten data: xoves 7 de xaneiro

Pontevedra
21 de decembro 2020

A Real Federación Española de Fútbol deu a coñecer este luns a data e horario de todos os encontros que compoñen a segunda eliminatoria da Copa do Rei

Partido de Copa do Rei 2020/2021 entre Pontevedra e Cartagena en Pasarón
Partido de Copa do Rei 2020/2021 entre Pontevedra e Cartagena en Pasarón / Mónica Patxot

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) deu a coñecer este luns a data e horario de todos os encontros que compoñen a segunda eliminatoria da Copa do Rei.

Entre eses choques atópase o que disputarán Pontevedra e Cádiz no Estadio Municipal de Pasarón.

Segundo estableceu a RFEF a eliminatoria, a partido único, terá lugar o xoves 7 de xaneiro a partir das 19.00 horas.

Salvo cambios no nivel de restricións establecido pola Xunta de Galicia, o partido de Copa poderá contar coa asistencia de 500 afeccionados.

Esta será a primeira cita oficial dos granates tras as vacacións de Nadal, tres días antes da visita en liga do Guijuelo a Pasarón, choques que os de Jesús Ramos comezarán a preparar a partir do luns 28 de decembro, data na que está previsto o seu regreso aos adestramentos.