O Pontevedra B conseguiu esta fin de semana cumprir o seu obxectivo desta tempada: o ascenso a Preferente. E fíxoo a falta de aínda tres xornadas para o final da mesma.
O empate do encontro deste domingo ante o Campo Lameiro permitiulles sumar o punto necesario para ser líderes de grupo e pase o que pase non ser alcanzado polo Umia, terceiro, nos tres partidos restantes, polo que os granates xa poden celebralo de antemán.
Despois de catro tempadas en Primeira División Rexional, tras o descenso no ano 2015, os pontevedreses terán que prepararse para dar o salto a próxima tempada a Preferente.
Todos eles coinciden en dedicar a boa noticia ao ex xogador do Pontevedra CF, Rafa Ceresuela, por quen gardaron un minuto de silencio no tempo previo ao último partido.