A previa da final polo ascenso entre Pontevedra Club de Fútbol e Betis Deportivo xogarase na parte traseira do Pavillón Municipal dos Deportes.
O club granate anunciou a instalación dunha 'fan zone', espazo habilitado para todos os afeccionados, que permanecerá aberta nas horas previas ao duelo do próximo domingo 2 de xuño (18.00 horas), no que estará en xogo o ascenso a Primeira RFEF.
Sinala a entidade pontevedresa que a carpa que se instalará contará con ambientación musical e " barras coa posibilidade para comer e beber a prezos razoables".
"O obxectivo desta Fan Zone é corresponder a unha afección que nunca se rende e que representa o maior valor que ten o club", afirma o Pontevedra.
Este espazo estará aberto entre as 13.00 e as 17.00 horas.