O Poio Pescamar xógase o liderado contra o Atlético

Poio
20 de novembro 2020

Madrileñas e galegas afrontan este partido igualadas a puntos, un triunfo das vermellas servirá para facerse co primeiro posto e confirmar a súa candidatura de aspirantes ao título

Partido de Primeira División de fútbol sala feminino entre o Poio Pescamar e Gran Canaria na Seca
Partido de Primeira División de fútbol sala feminino entre o Poio Pescamar e Gran Canaria na Seca / Cristina Saiz

Duelo transcendental o que se vivirá na tarde do sábado, desde as 18 horas, na cancha madrileña da Estación. Futsi Atlético Navalcarnero e Poio Pescamar medirán forzas nun clásico duelo que chega coas forzas máis igualadas que nunca.

Coa máxima categoría do fútbol sala feminino español dividido por primeira vez en dous grupos como consecuencia da pandemia, galegas e madrileñas son este ano os cocos da categoría. Chegan a este choque igualadas case a todo, tres vitorias e un empate para cada bloque. Só as branquivermellas melloran ás vermellas nos goles a favor, porque ambas encaixaron os mesmos, catro tantos.

Por iso, as de Manuel Cossío están decididas a deixalo todo sobre a cancha para facerse cunha vitoria que servirá para confirmar a candidatura do Poio a un título que se lle escapou o ano pasado tras unha inesperada mala serie no comezo do ano. Ademais, o incontestable triunfo da semana pasada, no que foron capaces de repoñerse a momentos de dúbidas, serviría para espolear a confianza do cadro conserveiro.