Un gol de Antía e outro de Dani Sousa deron ao Poio Pescamar a vitoria fronte ao Penya Esplugués. Era unha partido clave para continuar na senda das vitorias para así manterse entre as tres primeiras clasificadas e así o demostraron.
Desde o minuto uno fixéronse co control do xogo. As catalás buscaban sorprender con veloces transicións en ataque pero ningunha foi suficiente para alcanzar as mallas da portería de Caridad.
Tan só seis minutos tardaron as rojillas en inaugurar o marcador do Príncipe Felipe. Antía cun potente disparo escorado cara á esquerda foi imposible de parar para a porteira do Esplugués.
Aos poucos asentáronse na cancha e, nun contragolpe, Roser tivo nas súas botas a mellor ocasión para as súas ao estrelar o esférico ao pau e que a punto estivo de coarse na portería local
Na segunda metade o Poio seguiu dominando non só en xogo, senón anotando o segundo gol do encontro. Dani Sousa nunha xogada individual desfíxose de dúas defensoras e, tras unha finta a Muniesa, fixo o 2-0.
Moito tiñan que cambiar as cousas para que as de Manu Cossío non se fixesen coa vitoria, así que o técnico optou por contemporizar a posesión e relaxar o xogo.
Non foi ata os minutos finais cando as catalás optaron por cambiar a xogo de cinco pero a defensa rojilla mantívose pechada para evitar os espazos e, salvo con disparos afastados que non atopaban portería, o Esplugués non foi capaz de facer dano.
Agora, o Poio Pescamar centrarase exclusivamente nas semifinais de Copa que se disputan a próxima semana.
POIO PESCAMAR (2): Caridad; Luci, Ana Rivera, Irene García e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Agostina Chiesa, Antía, Clara, Mirian, Cárol, Julia Dupuy e Iraia.
PENYA ESPLUGUÉS (0): Anna Muniesa; Martita, Berta Velasco, Laia Beltrán e Ruth (quinteto inicial). Tamén xogaron, Irina, Belén, Marta Colado, Roser Maimo e Mireia Gómez.
Incidencias: Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.
Goles: 1-0, min. 6 Antía. 2-0, min. 25 Dani Sousa.