O Poio Pescamar regresa á senda da vitoria en Leganés (2-4)

Poio
13 de novembro 2021

O Poio Pescamar regresou á senda da vitoria este sábado á conta dun Leganés que llo puxo complicado, obrigando ao equipo vermello a remontar para terminar gañando por un 2-4 que lle devolve a ilusión para seguir pelexando polos postos altos da táboa

Partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante na Seca / Cristina Saiz

O Poio Pescamar regresou á senda da vitoria este sábado á conta dun Leganés que llo puxo complicado, obrigando ao equipo vermello a remontar para terminar gañando por un 2-4 que lle devolve a ilusión para seguir pelexando polos postos altos da táboa.

Comezou dominando o equipo madrileño, polo menos durante os primeiros compases con ocasións de Puche, Noreña e Paula Molaño que Caridad atallaba evitando o tanto. Pero non puido facer nada a gardameta conserveira cando, aos doce de xogo, Isa García enviou á área un potente disparo desde a esquina que Irene enviou a dentro da súa propia portería. La alegría local durou entre cero e nada, e é que o conxunto arbitral sinalou penalti a favor do Poio por man de Isa García que Jane transformou no 1-1.

Pasaron a ser donas do partido as xogadoras vermellas, que daban a volta ao marcador na recta final do primeiro acto. Tras unha rápida acción ofensiva, Luci enviou ao segundo pau onde estaba Ana Rivera e esta encargouse de enviar ao fondo da rede da portería defendida por Miriam.

Despois do paso polos vestiarios subiu liñas en busca do empate o Leganés, tendo nas botas de Noreña e Orive a ocasión de conseguilo. Dominaban as locais e o Poio defendía ben para buscar sorprender ao contragolpe.

E así foron pasando os minutos, ata que de novo, Ana Rivera, aproveitou cando se superaba o ecuador do segundo acto un balón que quedou solto despois dun disparo de Dupuy, anotando o 1-3 que daba ás ás conserveiras.

A seis do asubío final optou polo xogo de cinco o técnico madrileño, pero foi o Poio Pescamar, por mediación de Luci desde campo propio o que puxo o 1-4. O tempo corría en contra do Leganés, que reduciu diferenzas no último minuto tras unha contra de Puche que culminou Guti, asinando o 2-4 definitivo.

LEGANÉS (2): Miriam; Isa García, María Barcelona, Patri Blázquez e Esther Puche (quinteto inicial). Tamén xogaron, Carmen Noreña, Guti, Orive, Paula Molano e Patri Montilla.

POIO PESCAMAR (4): Caridad; Irene García, Ana Rivera, Luci e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Chiesa, Dupuy, Jane, Luisa Mayara e Martita.

Goles: 1-0, min. 12 Isa García. 1-1, min. 12 Jane (penalti). 1-2, min. 17 Ana Rivera. 1-3, min. 33 Ana Rivera. 1-4, min. 36 Luci. 2-4, min. 40 Guti

Incidencias: A Fortuna. Colexiados, González Moreta e Sánchez Chamorro. Amoestaron a Carmen Noreña e Patri Montilla no Leganés e Martita no Poio Pescamar.