Valioso punto o conseguido polo Poio Pescamar nunha pista complicada, a do Burela (1-1), para consolidarse na sexta praza da clasficación dean a Primeira División feminina de fútbol sala.
Foi un duelo intenso, que arrincou cun ritmo alto e transicións rápidas pero sen acerto ante a meta rival. Tivo dúas boas opcións o Poio para tomar vantaxe antes do descanso, pero Jozi impediuno.
O choque cambiou na segunda metade, cun cadro local máis dominador e que gozou de tres boas ocasións. Responderon as vermellas cun disparo á madeira de Jessi no minuto 30 e o encontro abriuse.
Houbo opcións para ambos os equipos ata que nunha boa contra Dany conseguía adiantar ao Burela. Parecía que o que marcase ía levar a vitoria, pero o Poio Pescamar tirou de orgullo e só tres minutos despois Jessi nunha boa acción individual facía o empate.
A falta dun minuto as luguesas apostaron polo xogo de cinco, pero o Poio defendeuse con acerto para levar un punto da Mariña.
BURELA (1): Jozi, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shio -cinco inicial- Judith, Lara, Elvira, Sofía.
POIO PESCAMAR (1): Silvia, Ceci, Ale de Paz, Jessi, Jenny -cinco inicial- Patri, Carol, Suki.
Árbitros: Dans Rey e Martínez Pena. Amoestaron ás locais Cilene e Elvira.
Goles: 1-0 Dany (min.34), 1-1 Jessi (min.37).
Incidencias: Partido disputado no pavillón de Vista Alegre, Burela, ante preto de 400 espectadores.