O Poio Pescamar mide a fraxilidade defensiva do Esplugues

Pontevedra
27 de setembro 2019

As vermellas buscan a súa segunda vitoria consecutiva en liga, sería a primeira a domicilio, para manter a ilusión de acabar a tempada entre as catro primeiras

Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca
Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca / Diego Torrado

O Poio Pescamar busca a súa segunda vitoria da tempada diante do Penya Esplugues, ao que se enfrontará na súa cancha este sábado a partir das 16 horas. O conxunto adestrado por Raul Jiménez, o que máis se reforzou este verán, chega ao encontro despois de caer no seu debut contra o Burela e de pasar por encima do Alcorcón no seu primeiro partido como locais.

As vermellas atoparanse a un equipo que perdeu o único partido disputado ata o momento. As catalás centraron a preparación do choque na mellora da súa solidez defensiva para frear o poderío atacante das galegas.

Regresar cos tres puntos de Cataluña supoñería un importante reforzo para a moral do Poio Pescamar que este ano queren dar un paso á fronte e terminar a tempada entre os catro primeiros para disputar a final a catro polo título de liga. 

Os últimos enfrontamentos entre ambos os equipos estiveron marcados sempre pola igualdade, de feito a tempada pasada en Les Moreres o encontro acabou con vitoria local (3-2) grazas a un tanto conseguido no último segundo.