O Poio Pescamar ficha a Anna Escribano e renova a Irene García

Poio
29 de xullo 2019

Con estes movementos o plantel do equipo conserveiro queda practicamente definido con 12 xogadoras confirmadas. A pretempada iniciarase o 12 de setembro

Irene García, no partido entre o Poio Pescamar e o Palau na Seca
Irene García, no partido entre o Poio Pescamar e o Palau na Seca / Diego Torrado

Paso case definitivo do Poio Pescamar na planificación do equipo que volverá competir un ano máis na máxima categoría nacional.

O club conserveiro anunciou este luns a fichaxe de Anna Escribano, novo talento que procede do Palau barcelonés co que a pasada campaña xogou na Primeira División.

A ala-peche, de 19 anos, incorpórase así a un plantel que mestura mocidade e experiencia a partes iguais baixo a dirección técnica de Raúl Jiménez no banco.

Ademais de Escribano, o Poio Pescamar confirmou tamén a renovación da valisoletana Irene García, que cumprirá así o seu segundo ano defendendo a camiseta vermella.

Con elas dous son 12 as futbolistas confirmadas no primeiro equipo, xunto a Silvia Aguete, Caridad García, Antía Pérez, Carol Agulla, Clara Rodríguez, Miriam Ruiz, Iria Saeta, Andrea Feijóo, Daniella Sousa e Ana Rivera.

Segundo anunciou a entidade da Seca, a pretempoda dará comezo o día 12 de agosto.