O Poio Pescamar fai da Seca o seu fortín e supera o Móstoles (4-0)

Poio
24 de setembro 2022

O Pavillón da Seca segue sendo un fortín para o Poio Pescamar, que volveu á senda da vitoria ante a súa afección superando o Móstoles por 4-0

Partido entre Poio Pescamar e Móstoles na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Móstoles na Seca / Cristina Saiz

O Pavillón da Seca segue sendo un fortín para o Poio Pescamar, que volveu á senda da vitoria ante a súa afección superando o Móstoles por 4-0.

Adiantouse  moi pronto o cadro conserveiro cun tanto de Marta Peñalver, que de xogada estratéxica botada por Rocío, rematou ao segundo pau e superou a Ari.

Tentou o Móstoles igualar a contenda, respondendo, aínda que sen fortuna, cun disparo de Inma desde tres cuarto de campo. Con todo, nun erro na saída, Elena Aragón fíxose co esférico e cedeu atrás a Rocío para que anotase un golazo que supuxo o 2-0 co que se alcanzou o descanso.

Tras o paso polos vesturarios produciuse un intercambio de golpes para vermellas, por mediación de Rocío, e madrileñas, con Celia. Pero foron as locais as que tiveron mellor puntería e ampliaronn a súa renda. Dani Sousa rematou ao corazón da área unha xogada de Peñalver e puxo o 3-0.

Os tres puntos estaban no peto para as locais, e máis cando Laura Uña, desde o punto de penalti tras unha perda de balón rival, facía o cuarto tanto. 

O Poio só tiña que aguantar o resultado, mentres que o Móstoles tivo nas botas de Forsiuk o gol da honra tras arriscar co xogo de cinco con Rafinha nun partido que concluíu en 4-0.

POIO PESCAMAR (4): Sandra Buzón; Luci, Anna Escribano, Dupuy e Laura Uña (cinco inicial). Tamén xogaron, Martita, Rocío Gómez, Marta Peñalver, Dani Sousa, Irene García, Elena Aragón e Chiesa.

MÓSTOLES (0): Ari, Rafinha, Forsiuk, Inma e Benete (cinco inicial). Tamén xogaron, Celia, Hrytsenko, Montufo, Ampi, Silvia Carral e Lucía Melcón.

Incidencias: A Seca. Colexiados, Menéndez Nistal e Vilas López. Amoestaron Celia, Montufo, Benete no Móstoles e Anna Escribano, Marta Peñalver, Martita no Poio Pescamar.

Goles: 1-0, min. 4 Marta Peñalver. 2-0, min. 11 Rocío. 3-0, min. 26 Dani Sousa. 4-0, min. 29 Laura Uña (penalti).