Gañar para distanciar, pode que definitivamente, un dos rivais pola permanencia. O Poio FS recibe na Seca (sábado, 18:30 horas) ao Lacturale Gurpea Orvina. O conxunto navarro, que ocupa a penúltima posición na táboa, conta con 14 puntos na súa cuadrícula, polo que unha vitoria as deixaría a 11 do cadro "rojillo", a falta de só 9 xornadas para concluír a liga.
Ademais, as rapazas de Marcio Santos alcanzarían os 25 puntos que, salvo sorpresas, poden marcar precisamente a liña da tranquilidade, máxime se se ten en conta que no partido da primeira volta disputado en pista navarra o Poio se impuxo (3-7), polo que unha nova vitoria significaría apuntarse tamén o parcial entre ambos os dous.
As navarras chegan a Poio coa imperiosa necesidade de puntuar para intentar abandonar a zona de descenso, polo menos ese é o obxectivo inmediato do seu técnico, o exxogador Leandro Fernández.
Pola súa banda Marcio ten a toda o equipo á súa disposición, convocando para este importante partido a Silvia, Carmen, Kiko, Claudia, Ceci, Yoly, Paloma, Charo, Peke, Elena, Mar e Tania.
A directiva do Poio FS pretende que as bancadas da Seca estean a rebordar, motivo polo que repartiron convites nos comercios locais e centros escolares.