O Poio Artai, a por o ascenso a Primeira Nacional na casa

Poio
06 de maio 2024

O pavillón municipal da Seca acollerá a próxima fin de semana a fase de ascenso á Primeira Nacional de balonmán, co Poio Artai como un dos aspirantes. A competición foi presentada oficialmente este luns

Presentación da fase de ascenso a Primeira Nacional de balonmán que se xogará en Poio
Presentación da fase de ascenso a Primeira Nacional de balonmán que se xogará en Poio / Deputación de Pontevedra

O pavillón municipal da Seca acollerá a próxima fin de semana a fase de ascenso á Primeira Nacional de balonmán, co Poio Artai como un dos aspirantes.

A competición foi presentada oficialmente este luns coa presenza da presidente e vicepresidente do Poio Artai, Ángeles Torres e David Barcero, o alcalde e concelleiro de Deportes, Ángel Moldes e Tucho Muíños, a deputada provincial Luisa Sánchez e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides.

A competición arrincará o venres día 10 de maio co partido entre Unión Financera B e Ciudad de Villafrancha ás 19.00 horas, mentres que ás 21.00 horas debutará o Poio Artai fronte ao Pan Moguer.

O sábado ás 17.00 horas será quenda para o encontro entre Unión Financera B e Pan Moguer, e ás 19.00 horas entre Poio Artai e BM Ciudad de Villafranca.

Por último o domingo 12 de maio a xornada decisiva contará cos partidos Pan Moguer-Ciudad de Villafranca (10.30 horas) e Poio Artai-Unión Financera (12.30 horas).

"Esta fase de ascenso é moi importante, estamos falando dun clube con 26 anos de historia, referente no noso concello e xogaron unha liga con moi bos resultados. Agora esperamos culminar con esta fase final o ascenso", defendeu na presenctación o alcalde.

As entradas para a fase de ascenso poden adquirirse a través de www.entradium.com.