Despois de que o Pontevedra Club de Fútbol quedase sen ascenso, os xogadores están de acordo en que, por quen máis lles doe esta situación, é polos afeccionados.
CHURRE
"Tiñamos as esperanzas postas neste partido. A xente que estivo en Pasarón foi un plus a maiores e fixemos o que estivo nas nosas mans". Con todo, o quedar sen ascenso "é un golpe moi duro, agora é tempo de desconectar e volver apertar as porcas o ano que vén".
Explicou tamén que "o equipo non baixou os brazos. Por esta xente que encheu o campo tiñamos que dar a cara e tentar remontar o partido por moi difícil que fóra, pero non puido ser", lamentou. "Oxalá darlle a tempada que vén a alegría que non fomos capaz de darlles".
ÁLEX GONZÁLEZ
"Queriamos dar unha alegría aos afeccionados, ás nosas familias. Tivémolo na man e ao final é fodido. Queriamos facer feliz a moita xente", lamentou tras o encontro. "Levo oito anos e é a vez que máis xente hai aquí e doe".
En canto ao encontro, o capitán recoñeceu que estivo na liña que o disputado no Villamarín. A primeira parte é máis tola e na segunda sabiamos que viñan defender e saír nunha contra. Non deixamos de crecer, tivemos algunha ocasión e quedámonos a un gol", recoñeceu. "Creo que o equipo deu a cara ata o final".
YELKO PINO
Pola súa banda, Yelko recoñeceu que están "fodidos e afundidos, pero hoxe se cabe estou máis orgulloso de pertencer a este club. É un momento duro, pero temos que pensar xa no ano que vén, en refacernos e darlle alegría a esta xente que nos veu a apoiar", afirmou.
Agora, "Temos que mirar ao futuro con optimismo. Hoxe estamos todos afundidos, pero mañá ten que ser un día novo".
Dixo tamén que cre que "este ano nos partidos decisivos faltounos o chisco de sorte para materializar as que tivemos" xa que "en momentos así necesitas esa fortuna que che faga marcar gol. Imos tentalo o ano que vén", subliñou.