O Cisne segue sumando fichaxes para o seu novo proxecto na División de Honra Prata. Despois de firmar a Alberto Delgado, atan ao pivote procedente do Balonmán Zamora Rubén Etayo.
O novo xogador anotou 40 tantos o pasado curso nunha categoría que xa coñece e na que lle tocará enfrontarse ao seu antigo equipo. Co seu 1,84 de altura, Etayo desembarca en Pontevedra para apropiarse dun posto polo que nos últimos anos pasaron numerosos xogadores do equipo branco sen chegar a apropiarse del,
Ao longo da súa traxectoria, a nova fichaxe militou no filial do Bada Huesca durante cinco tempadas chegando a debutar no primeiro equipo. Tras abandonar o seu club de formación, vestiu a camiseta de tres equipos da división de prata, Málaga, Soria e Zamora; antes de recalar no Cisne.
FICHAJE | Se incorpora a la plantilla el jugador navarro Rubén Etayo para la próxima temporada.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 29, 2023
Etayo, de 25 años y 184 centímetros de altura, procedente del Zamora, llega para reforzar la posición de pivote. ¡Bienvenido Rubén! pic.twitter.com/pxIScpGsA0
Afronta o novo reto con "ganas de comezar a traballar e de gozar dunha tempada que ten pinta que vai ser preciosa", declarou.
A chegada de Rubén Etayo amplía un plantel en construción da que xa forman parte Mateo Arias, Gualther Furtado, Roney Franzini, Iván Calvo e Dani Serrano.