Máis de 600 deportistas participaron a fin de semana no Complexo Deportivo David Cal, no encoro pontevedrés de Pontillón do Castro en Verducido, no Campionato Galego de Inverno de Piragüismo para embarcacións K-4 e C-4.
Era a segunda cita da tempada galega, con regatas en distancia de 3.000 metros.
Unha intensa xornada que arrincou ás 10.30 horas do sábado e non concluíu ata as 18.00 horas, e na que un dos grandes destacados foi o club local, o Piragüismo Verducido, ao vencer na clasificación por equipos da categoría feminina seguido do Piragüismo Cidade de Lugo e o Kayak Tudense.
Pola súa banda a clasificación masculina encabezouna o Piragüismo Rías Baixas, co Club Naval de Pontevedra segundo e o Club Piragüismo Cidade de Lugo no terceiro lugar.
Na categoría xuvenil, o Piragüismo Cidade de Lugo coroouse campión masculino, mentres que o Club Ría de Betanzos destacou na feminina, mentres que na cadete impuxéronse o Club de Mar Ría de Aldán e o Club Náutico Pontecesures respectivamente.
Ademais nas regatas para os máis novos, de categoría infantil, o Club Confraría de Pescadores Portonovo logrou a vitoria na clasificación masculina Club Ría de Betanzos na feminina.
Por último na competición de veteranos vencietron o Piragüismo Vilaboa e o Náutico Firrete.