O piragüismo pontevedrés achega as primeiras medallas para a delegación española no mundial de Italia

Pontevedra
07 de xullo 2023

A dupla formada por Pablo Crespo e Martín Jácome, padeeiras do EP Ciudad de Pontevedra, conseguiron a primeira medalla de ouro para España na modalidade de C2-1000 metros. A súa compañeira de equipo Antía Otero conseguiu o bronce no C2-500 coa mallorquina María Moreno

María Moreno e Antía Otero, bronce no C2-500 do mundial sub 23 de piragüismo sprint en Italia
María Moreno e Antía Otero, bronce no C2-500 do mundial sub 23 de piragüismo sprint en Italia / Fegapi

O campionato do mundo de piragüismo sprint de categoría sub 23 e xuvenil segue dando grandes noticias para o piragüismo galego e pontevedrés. Nas primeiras finais do campionato, a armada galega conseguiu xa tres metais: ouro, prata e bronce.

Na emocionante final de C2 Sub-23 de 1000 metros, Pablo Crespo e Martín Jácome, ambos os representantes do Club Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, alzáronse coa medalla de ouro cun tempo impresionante de 3:34.88. Os ucraínos Atem Chetvertal e Pavlo Borsuk ocuparon a segunda posición, rexistrando un tempo de 3:36.03, mentres que os húngaros Nicholas Fodor e Marton Horbath sería terceiros cun tempo de 3:37.89.

Doutra banda, na final de C2 500 metros Sub-23, a pontevedresa Antía Otero e a mallorquina María Moreno levaron a medalla de bronce cun tempo de 1:59.94. Por detrás das moldavas Daniela Cociu e María Olarasu conseguiron o ouro cun tempo de 1:58.79, mentres que as húngaras Reka Opavszky e Laura Gonczol lograron a prata cun tempo de 1:59.39.

O terceiro metal, o de prata, leváronllo os integrantes do K4 500 metros Sub-23, o equipo formado por Iván Fernández, Xoel García, Alex Graneri e Carlos García destacouse ao obter a medalla de prata. O cuarteto español completou a carreira nun tempo de 1:21.18, quedando por detrás do equipo húngaro.

O que non puido facer dobrete foi o pontevedrés Pablo Crespo. O canoísta do Ciudad de Pontevedra competiu só dúas horas despois da final do C2 na esixente regata polas medallas do C1-1000. Sen tempo para recuperarse do esforzo, Crespo asinou un meritorio sétimo posto.