O Peixe Galego marcha en busca de novos abonados

Pontevedra
17 de agosto 2021

A afección xa pode adquirir o seu carné en formato individual por 25 euros ou familiar, por 45 euros

Vídeo do Peixe Galego tras un mes de estado de alarma pola alerta sanitaria
Vídeo do Peixe Galego tras un mes de estado de alarma pola alerta sanitaria / Marín Peixe Galego

O Peixe Galego lanza a súa nova campaña de socios para a súa nova andaina en Liga EBA. O cadro marinense quere que A Raña siga sendo un talismán e unha praza inexpugnabe no seu camiño de regreso cara á elite e para iso precisa que a inchada marinense siga envorcada co seu equipo. E a xulgar polo lema da campaña: "No baloncesto, coma non mar, todo o que cae na rede é Peixe", todos os afeccionados son necesarios para obrar outro milagre.

O prezo do abono inidividual para unha persoa adulta é de 25 euros, mentres que o familiar ascende a 45 euros. As persoas menores de idade, nacidos a partir do 2004, poderán acceder gratis ao pavillón en todos os partidos. 

Ademais de garantir o acceso a todos os partidos, o carné de socio ofrece tamén descontos en entradas e noutros produtos e campañas que lance o club. Os interesados en renovar ou adquirir o carné de socio do conxunto peixiño poden facelo a través da plataforma cluber ou poñéndose a través do correo electrónico [email protected].