O Pasarón das grandes citas

Pontevedra
02 de xuño 2024

O Estadio Municipal de Pasarón viviu este domingo ante o Betis Deportivo o ambiente das grandes citas coa mellor entrada da tempada, 10.192 espectadores  

Afección granate durante o partido entre Pontevedra e Betis Deportivo en Pasarón
Afección granate durante o partido entre Pontevedra e Betis Deportivo en Pasarón / Mosrey Fotografía

O Estadio Municipal de Pasarón viviu este domingo ante o Betis Deportivo o ambiente das grandes citas coa mellor entrada da tempada.

Foron, nin máis nin menos, que 10.192 espectadores os que acudiron ao templo granate a presenciar a eliminatoria decisiva polo ascenso, rozando o cheo total.

Ademais, o club pontevedrés, da mesma maneira que ocorrera ante o Deportivo Aragón e o Ourense CF, rescatou a Roelio, que percorreu as catro bancadas do estadio durante o tempo de descanso e foi un reclamo para numerosos afeccionados, que non dubidaron en facerse unha foto con el.