O Natación Galaico, un club en plena forma

Pontevedra
25 de outubro 2016

Toda a familia do club pontevedrés reuniuse na presentación dunha nova tempada, na que aspiran a manterse como referencia da natación galega. Na actualidade o Galaico conta con ao redor de 240 deportistas federados

Presentación do Club Natación Galaico 2016/2017
Presentación do Club Natación Galaico 2016/2017

É un dos clubs máis representativos da cidade e quixo demostrar unha vez máis a súa boa saúde na presentación oficial da tempada 2016/2017.

O Club Natación Galaico exhibiu músculo no Teatro Principal de Pontevedra, onde reuniu aos preto de 240 deportistas federados cos que conta na actualidade.

Todos eles agrúpanse en sete categorías: promesa (nenos de ata oito anos), benxamín (9-10 anos), alevín (11-12 anos), infantil (14-15 anos), junior (16-17 anos), absoluta (a partir de 17 anos) e máster (dos 25 anos en diante). 

O obxectivo da tempada para o Galaico pasa por manterse como referencia dentro da natación galega e seguir acudindo aos diferentes campionatos nacionais, nos que cada ano conseguen importantes resultados.

Como exemplo, o último deles, a segunda posición conseguida na clasificación por equipos da Copa de España en Augas Abertas.