"Uno de los hitos para el balonmano español en este año fue la celebración del Campeonato del Mundo Junior 2019 en Pontevedra y Vigo". Así o trasladou o presidente da Real Federación de Balonmán durante a Asemblea telemática celebrada este sábado na que aproveitou para mostrou o éxito a nivel organizativo e mediático que tivo a gran cita internacional.
En canto aos datos que ofreceu, atópase o número de partidos emitidos en directo ou a cantidade de espectadores que tivo o campionato a nivel nacional e mundial.
Por unha banda, segundo o informe, a cadea española Teledeporte emitiu 9 partidos en directo (dos cales 7 foron de España) e outros 9 en diferido.
Os partidos en directo lograron 1,2 millóns de audiencia acumulada, mentres que os partidos en diferido concentraron máis de 472 millóns de espectadores.
Pola súa banda, as televisións internacionais que transmitiron os partidos do mundial, a francesa L'Equipe e a alemá Eurosport, concentraron 8 millóns de audiencia acumulada, 14 millóns de espectadores e unha media de 230 mil espectadores.
O minuto de ouro concentrou 600 mil espectadores, mentres que a gran final entre Francia e Croacia logrou 400 mil espectadores.
Por último, segundo o propio informe, a canle de Youtube da Federación Española de Balonmán ofreceu 48 partidos en directo, grazas aos cales sumou máis de 436 mil visualizacións, 3 millóns de impresións e 5 millóns de minutos reproducidos.
#AsambleaBM2020 | Uno de los hitos para el #Balonmano español en este año fue la celebración del Campeonato del Mundo Junior 2019 en Pontevedra y Vigo
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) June 13, 2020
El presidente @blazquezbalonma muestra el éxito a nivel organizativo y mediático que tuvo la cita mundial
#Balonmanopic.twitter.com/leJHChnWp6