O Mundial de Duatlón en Pontevedra romperá todos os récords de participación

Pontevedra
08 de maio 2014

Pontevedra acollerá o 31 de maio e o 1 de xuño a 1.415 duatletas procedentes de máis de 30 países dos cinco continentes, superando a cifra de participación no último Mundial en máis de catrocentos asistentes

Reunión do comité executivo organizador do Mundial de Dúatlon
Reunión do comité executivo organizador do Mundial de Dúatlon

Pontevedra converterase o próximo 31 de maio e 1 de xuño nasede dun Mundial de Dúatlon que máis atletas acolla na historia desta proba. Segundo apuntaba o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, apuntáronse 1.415 duatletas para esta cita procedentes de 30 países dos cinco continentes.

A maior participación chegará dende Gran Bretaña con 349 duatletas mentres que españois serán 337, entre eles aparece o ferrolán Javier Gómez Noya que, segundo o concelleiro, se agarda que poida participar en Pontevedra a tenor dos bos resultados que está a obter nas series mundiais.

Está confirmada a participación do gañador do Mundial de 2012, Emilio Martín, así como a do belga Jorik Van Egdom, que intentará defender o seu título de campión logrado en Ottawa (Canadá) en 2013.

Por outra parte, a campaña de recepción de voluntarios xa finalizou con 484 persoas apuntadas que, a partir deste sábado, iniciarán a súa formación para asistir durante o Campionato Mundial cunha formación de primeiros auxilios, un curso de inglés básico e unha aprendizaxe de datos turísticos.

O Mundial pechará cunha gran festa na explanada superior do Recinto Feiral e un concerto da Orquestra Panorama. Comezará ás 22.00 horas e o acceso é libre.