Centos de atletas no circuíto e miles de afeccionados repartidos polas rúas da cidade gozaron da última xornada de competición do Campionato do Mundo de Dúatlon. Notábase que as probas tiñan un marcado carácter popular e festivo. Por todo o percorrido por Pontevedra xuntábanse amigos e familiares dos deportistas. Non faltaron as bandeiras das súas respetivos países, os ánimos nos momentos máis duros ou os sorrisos de orgullo ao cruzar a liña de meta.
O sol reinante durante todo o domingo proporcionou un gran espectáculo como peche de festa, aínda que a calor fixo mella nos protagonistas endureciendo a proba, ao que tamén contribuíu un circuíto de ciclismo máis esixente que na xornada do sábado. Todo iso provocou o desfalecemento de varios deportistas, que chegaron nalgúns casos exhaustos á liña de meta.
A xornada comezou coas carreiras en distancia sprint (5, 20 e 2,5 quilómetros) nos Grupos de Idade. Estaban inscritos 551 deportistas de idades comprendidas entre os 16 e os 89 anos. E entre eles, varios participantes locais. De todos os pontevedreses que participaron na proba destacou a brillante medalla de ÿscar Xusto (Triatlón Galaico) na proba de 16 a 19 anos, finalizando no terceiro lugar.
Ademais Miguel Ángel Vidal (Monte Abaixo) logrou un meritorio quinto posto na categoría de M35-39, mentres Gonzalo González (Moto Bike) en M40-44 e Sandra Moral (Moto Bike) en M20-24 entraron na sétima praza do seu rango de idade; e Álvaro Ogando (Triatlón Galaico) foi vixésimo oitavo en M50-54.
Antes de continuar cos Grupos de Idade, os afeccionados ao dúatlon e tríatlon puideron tomar parte tamén no Mundial grazas á proba popular PontealDu. Nela puideron participar aquelas persoas que querían achegarse ao dúatlon e encima vivilo no circuíto disposto para un Mundial. Unha festa e unha satisfacción para todos os participantes.
Logo deles chegou a quenda da distancia standard (10, 40 e 5 quilómetros), coa participación máis numerosa de todo o campionato. Había 659 deportistas inscritos, con idades comprendidas entre os 18 e os 84 anos. E entre todos eles, un pontevedrés proclamouse campión. Trátase de Manuel González Ojea, que foi o primero en cruzar a liña de meta na categoría M55-59
Outro bo resultado para os atletas locais foi o de Andrés López (Monte Abaixo), que finalizou cuarto na categoría M50-54. O seu compañeiro, Enrique Hernández foi 45º na mesma franxa de idade. Pola súa banda, Eladio Ramos (Motobike) foi oitavo en M40-44, a mesma categoría na que Francisco Javier García (Monte Abaixo) foi vixésimo segundo; e Diego González (Pinarium), undécimo en M35-39. O seu compañeiro de equipo, Manuel José Cruces, foi sexto en M70-74. En categoría feminina, Margarita Villaverde foi decimocuarta en M30-34.
OS RELEVOS, ÿLTIMA PROBA DO MUNDIAL
As probas por relevos foron as que pecharon o apartado deportivo deste Mundial de dúatlon. En ambas probas, cada un dos catro compoñentes de cada equipo debía efectuar un segmento inicial de 4 quilómetros de carreira a pé, 8 quilómetros sobre a bici e finalmente correr outros 2 quilómetros. E nelas, a selección española asinou unha impresionante actuación, logrando unha medalla de ouro e outra de prata.
España levouse a vitoria en categoría júnior. Foi a gran dominadora cun equipo composto por Claudia Luna e Roberto Sánchez Mantecón que cimentaron unha cómoda vantaxe que aumentarían posteriormente Cecilia Santamaría e o vigués Antonio Serrat. El foi o encargado de cruzar a liña de meta en primeira posición, para fundirse nun emocionante abrazo xunto cos seus compañeiros de equipo. O podio completouno Italia e Portugal.
Pola súa banda, na proba elite foi Francia a que non deixou opción aos seus rivais. Sandra Levenez e Nicolas Benoit, que se proclamaron campións do mundo na xornada do sábado, levaron ao seu equipo directo cara á vitoria. España, polo que competiron Sonia Bejarano, David Castro, Miriam Casillas e Emilio Martín, chegou con opcións ao último relevo, pero o atleta da Sociedade Gimnástica non puido dar caza a Benoit. O bronce foi para Gran Bretaña.