O Marín Peixegalego renova o pontevedrés Álvaro Filgueira

Marín
23 de agosto 2024

Desde o club indican que o á pívot destaca por ser un xogador atlético, capaz de xogar por enriba do aro e que "sen dúbida aportará moito na pintura"  

Alvaro Filgueira nun partido
Alvaro Filgueira nun partido / Marín Peixegalego

O Marín Peixegalego vén de anunciar a renovación do xogador pontevedrés Alvaro Filgueira, que leva defendendo as cores do equipo desde hai catro temporadas.

Desde o club indican que o á pívot destaca por ser un xogador atlético, capaz de xogar por enriba do aro e que "sen dúbida aportará moito na pintura".

Con Filgueira, Kevin Van Wijk e Dramell Hogan renovados, o Peixegalego traballa na posible chegada dun reforzo interior.

CATEGORÍAS INFERIORES

Destacan desde o club que calquer persoa que esté interesada en practicar baloncesto pode contactar co Peixegalego a través do mail cantera@peixegalego.com ou a través das redes sociais.

Os horarios provisionais e por categorías son os seguintes:

  • Júnior masculino: martes, xoves e venres de 17:30 a 19:00 horas.
  • Júnior feminino: luns de 16.00-17.30 horas e martes, xoves e venres de 11.00 a 13.00 horas.
  • Cadete: luns, mércores e venres de 17.30 a 19.00 horas.
  • Infantil masculino: martes, xoves e venres de 16.00 a 17.30 horas.
  • Infantil feminino: luns, mércores e venres de 16.00 a 17.30 horas.
  • Mini masculino: martes, xoves e venres de 16.00 a 17.30 horas.
  • Mini femenino: luns, mércores e venres de 16.00 a 17.30.